Facil de Entender (EMI, 2006)

Pero que ten The Gift que os faga tan especiais, pois que levan dende a moi novos a traballar cunha fórmula, hoxe vista como máxica, que consiste en facer pop sen limitación de sons (vamos, usando electrónica) e levándoo a paraxes altamente emocionais nas que se moven con especial soltura. Ademáis de todo isto en Facil de entender, os The Gift xuntan toda esa experiencia acadada en todos os escenarios aos que subiron e que lles deron a personalidade que quizáis lles puidera faltar nun inicio. E como é habitual nas compilacións, tamén inclúen temas novos, como Facil de entender, que lle da título ao álbum e que está cantado en portugués, demanda que repetidamente se lle facía ao grupo que apenas ten en toda a discografía un par de temas na súa lingua nai; que ademáis foi o single do disco e a canción do ano máis votada polos ointes de Rádio Comercial. E do ámbito máis comercial tamén lles chegou o premio á mellor banda portuguesa da man da MTV, o que fai máis dificil de explicar o descoñecemento que no país temos deste grupo; sen dúbida éste é o mellor disco para descubrilos.
Sak
in Sonotone, a revista galega da musica, www.sono-tone.net
Sem comentários:
Enviar um comentário